Entradas

XOGO DA OCA MOTRIZ

Imagen
Ola a todos e todas! Hoxe veño a presentar un xogo de oca un pouco diferente, no que cando caes nunha casiña debemos realizar a acción que nos plantexa. Trátase dun xogo para toda a familia e en especial para os máis peques da casa. O seguinte enlace lévavos a unha páxina onde podedes descargar o taboleiro e as fichas coas que xogar e que poden colorear ao seu gusto. Os que se animen poden enviarme fotos ou videos dalgunha das probas. A xogar!! OCA PSICOMOTRIZ

MUÑEIRAS DOS MAIOS E LETRAS GALEGAS

Bravo! Despois de moito ensaiar esta rapazada demostrou as súas dotes de bailadoras e bailadores estupendamente. A que tivo máis dificultade foi a profe coa montaxe, todos os meus respetos aos montadores e editores de videos, porque por máis que o intentei, os documentos gravados en vertical levan alguhna que outra cabeza cortada.  Sinto moito aqueles ou aquelas que non se vos vexa del todo ben, pero o programa co que traballei era bastante caprichoso e algún video vertical o aceptaba e outros non, descoñecendo o seu motivo. O caso é que o fixestes moi moi ben e iso non se pode negar... Parabéns! A continuación deixo os enlaces dos videos para que poidades comprobalo cos vosos propios ollos. MUÑEIRA DE CANCES ( 3º 4º 5º 6º Primaria ) MUÑEIRA POUSA ( Educación infantil 1º 2º primaria ) UPS!!! Esta profe parece que tivo un desaxuste nos videos recibidos e quedoulle algún atrás.  Todos se esforzaron moito e non quero que quede ninguén sen demostrar o be

A BAILAR CON PESDELÁN - 29 de Abril - Día internacional da danza

Imagen
Hoxe ás 12:00 h co gallo do día internacional da danza, poderemos disfruta co grupo Pesdelán, a través do salón virtual do libro, dunha sesión de baile para disfrutar en familia. Aquí debaixo deixo o enlace SALÓN VIRTUAL DO LIBRO - PESDELÁN FELIZ DÍA INTERNACIONAL DA DANZA!

MUÑEIRA DE CANCES (ALUMNADO 3º 4º 5º 6º)

Imagen
Imos animarnos a bailar unha muñeira entre todos e todas, cantos máis mellor! Vou deixar uns enlaces a videos aquí abaixo, onde repasaremos os puntos de muñeira principais, tamén vou deixar a música coa que imos bailar e ao longo da semana realizaremos unha videoconferencia na que explicarei con maior detalle como gravar o video para logo enviarmo, facer unha montaxe e disfrutar de vernos xuntos participando na composición coreográfica da muñeira. Tiven que facer unha modificación, porque os videos que tiña foron eliminados pola persona que os gravou. Así que deixo outros que tamén nos poden axudar para ir practicando. O seguinte video podemos quedarnos co principio, máis adiante vai complicando, e  prefiro que fagamos máis sinxelo e ben. Por último, deixo un video coa "Muñeira de Cances", non se trata de que fagades os puntos desa muñeira, o que me interesa é a música, é dicir, que cando ensaiedes os vosos puntos o fagades coa música do video de fondo, igua

BAILAMOS MUÑEIRA CON UXÍA (ALUMNADO INFANTIL 1º E 2º )

En cursos anteriores aproveitamos a festa dos maios e as Letras Galegas para botar uns bailes de muñeira. Este curso se nos presenta un pouco diferente pero as ganas de bailar seguen con nós. Quero presentar a miña idea coa confianza de que me acompañedes, e seguir adiante cos nosos proxectos dende as vosas casas. Primeiro hai que ver o video que está a continuación, clicando no nome. Muñeira Uxía Lambona e banda molona Si xa vistes o video, agora quero que practiquedes os  tres pasos de muñeira que ensina Uxía, porque imos facer unha actividade, na que vos tedes que gravar en casa bailando os puntos coa música. Cando teñades feito os videos ides enviarmos e prepararei un video conxunto, onde nos veremos todos e todas para festexar, como vimos facendo cursos atrás, esta data tan sinalada. Antes de gravar e enviar os videos faremos unha sesión por videoconferencia para resolver dúbidas e practicar un pouco. Xa recibiredes noticias pronto... Ánimo e a ir practicando!

TUCUMPÁ

Imos dar un pouco de ritmo a estes días.  Anímovos a que fagades esta danza en familia, cantos máis mellor. Imitamos a parte cantada e cando chega a instrumental, improvisamos! Quen se atreve? Espero os vosos videos....  PIM PAU. TUCUMPÁ

BENVIDA

Benvidos e benvidas a este novo proxecto que hai tempo quería comezar. Esta situación excepcional que nos toca vivir, provocou o empurronciño para que se fixese realidade. Este blogue está dirixido a toda a comunidade educativa do CEIP Igrexa - Candeán, co motivo de entreter e axudar a mellorar o noso estado físico, e así, manter o corpo nunhas condicións axeitadas para que a nosa saúde se vexa reforzada. Deixo unhas ideas nos seguintes enlaces, tanto para pequenos coma para maiores. Los beneficios de practicar deporte en casa con niños Circuitos de ejercicios para la actividad física durante la crisis del COVID-19