Entradas

Mostrando entradas de abril 27, 2020

MUÑEIRA DE CANCES (ALUMNADO 3º 4º 5º 6º)

Imagen
Imos animarnos a bailar unha muñeira entre todos e todas, cantos máis mellor! Vou deixar uns enlaces a videos aquí abaixo, onde repasaremos os puntos de muñeira principais, tamén vou deixar a música coa que imos bailar e ao longo da semana realizaremos unha videoconferencia na que explicarei con maior detalle como gravar o video para logo enviarmo, facer unha montaxe e disfrutar de vernos xuntos participando na composición coreográfica da muñeira. Tiven que facer unha modificación, porque os videos que tiña foron eliminados pola persona que os gravou. Así que deixo outros que tamén nos poden axudar para ir practicando. O seguinte video podemos quedarnos co principio, máis adiante vai complicando, e  prefiro que fagamos máis sinxelo e ben. Por último, deixo un video coa "Muñeira de Cances", non se trata de que fagades os puntos desa muñeira, o que me interesa é a música, é dicir, que cando ensaiedes os vosos puntos o fagades coa música do video de fondo, igua

BAILAMOS MUÑEIRA CON UXÍA (ALUMNADO INFANTIL 1º E 2º )

En cursos anteriores aproveitamos a festa dos maios e as Letras Galegas para botar uns bailes de muñeira. Este curso se nos presenta un pouco diferente pero as ganas de bailar seguen con nós. Quero presentar a miña idea coa confianza de que me acompañedes, e seguir adiante cos nosos proxectos dende as vosas casas. Primeiro hai que ver o video que está a continuación, clicando no nome. Muñeira Uxía Lambona e banda molona Si xa vistes o video, agora quero que practiquedes os  tres pasos de muñeira que ensina Uxía, porque imos facer unha actividade, na que vos tedes que gravar en casa bailando os puntos coa música. Cando teñades feito os videos ides enviarmos e prepararei un video conxunto, onde nos veremos todos e todas para festexar, como vimos facendo cursos atrás, esta data tan sinalada. Antes de gravar e enviar os videos faremos unha sesión por videoconferencia para resolver dúbidas e practicar un pouco. Xa recibiredes noticias pronto... Ánimo e a ir practicando!