BAILAMOS MUÑEIRA CON UXÍA (ALUMNADO INFANTIL 1º E 2º )

En cursos anteriores aproveitamos a festa dos maios e as Letras Galegas para botar uns bailes de muñeira. Este curso se nos presenta un pouco diferente pero as ganas de bailar seguen con nós. Quero presentar a miña idea coa confianza de que me acompañedes, e seguir adiante cos nosos proxectos dende as vosas casas.

Primeiro hai que ver o video que está a continuación, clicando no nome.


Si xa vistes o video, agora quero que practiquedes os  tres pasos de muñeira que ensina Uxía, porque imos facer unha actividade, na que vos tedes que gravar en casa bailando os puntos coa música.
Cando teñades feito os videos ides enviarmos e prepararei un video conxunto, onde nos veremos todos e todas para festexar, como vimos facendo cursos atrás, esta data tan sinalada.

Antes de gravar e enviar os videos faremos unha sesión por videoconferencia para resolver dúbidas e practicar un pouco. Xa recibiredes noticias pronto... Ánimo e a ir practicando!

Comentarios

Entradas populares de este blog

MUÑEIRA DE CANCES (ALUMNADO 3º 4º 5º 6º)

XOGO DA OCA MOTRIZ