MUÑEIRA DE CANCES (ALUMNADO 3º 4º 5º 6º)

Imos animarnos a bailar unha muñeira entre todos e todas, cantos máis mellor!
Vou deixar uns enlaces a videos aquí abaixo, onde repasaremos os puntos de muñeira principais, tamén vou deixar a música coa que imos bailar e ao longo da semana realizaremos unha videoconferencia na que explicarei con maior detalle como gravar o video para logo enviarmo, facer unha montaxe e disfrutar de vernos xuntos participando na composición coreográfica da muñeira.

Tiven que facer unha modificación, porque os videos que tiña foron eliminados pola persona que os gravou.
Así que deixo outros que tamén nos poden axudar para ir practicando.





O seguinte video podemos quedarnos co principio, máis adiante vai complicando, e  prefiro que fagamos máis sinxelo e ben.

Por último, deixo un video coa "Muñeira de Cances", non se trata de que fagades os puntos desa muñeira, o que me interesa é a música, é dicir, que cando ensaiedes os vosos puntos o fagades coa música do video de fondo, igual que cando vos gravedes bailando

Muñeira de Cances

Antes facer a vosa gravación faremos unha sesión por videoconferencia para resolver dúbidas, así que ide ensaiando e xa recibiredes noticias para a nosa clase online... moito ánimo e non deixedes de bailar!







Comentarios

Entradas populares de este blog

BAILAMOS MUÑEIRA CON UXÍA (ALUMNADO INFANTIL 1º E 2º )

XOGO DA OCA MOTRIZ